Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 21 de marzo

11.50 h.
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste coa ministra de Fomento, Ana Pastor, á visita das obras do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela
(nave 5).

13.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes no III Congreso de acollida cristiá no Camiño.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia dirixidos por Maximino Zumalave, e con Rafael López, tuba. Dentro do ciclo Infantil&Familiar.

18.30 h
Na escalinata de mármore do pavillón central do psiquiátrico de Conxo, acto poético-musical de celebración do Banquete de Conxo con motivo do Día Internacional da Poesía. Asiste o concelleiro Luis Meijide.

20.30 h
No Teatro Principal, Martirio & Raúl Rodríguez presentan o seu novo disco De un mundo raro. Cantes por Chavela Vargas, dentro do ciclo Son'15.

20.30 h
No Salón Teatro, estrea absoluta de Xardín Suspenso de Abel Neves co Centro Dramático Galego e dirixida por Cándido Pazó. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Es un Árbol e Cró! enmarcado no ciclo Compostela Rock.

21.00 h
Na Capela do Hostal, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, fai entrega dos premios do Campionato Galego de Coctelería.

Compartir: