Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de marzo

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave e con Rafael López, tuba, dentro do Programa Escolar.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, para presentar a Ordenanza de tramitación de licenzas, xunto co director técnico da Área, Ignacio Soto.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar o programa de emprendemento para a mocidade Desafío SCQ.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, os máis novos violinistas e pianistas da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela renden homenaxe ao compositor Antón García Abril nun concerto no que estará presente o propio autor. Asiste a concelleira de Educación, Maite Cancelo. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo.

20.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a VII Exposición "Arte e Solidariedade", dentro dos actos con motivo do XXV Aniversario de Proxecto Home.

20.00 h
Na Zona C, Magda Labarga presenta ‘Falar con extraños’ dentro do Festival de Narración Oral Atlántica.

20.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste á gala de entrega dos IV PREMIOS DOWN COMPOSTELA coincidindo co Día Mundial do Síndrome de Down.

Compartir: