Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións infomativas para o martes 17 de marzo

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a Comisión Executiva da devandita entidade e, a continuación, o Consello de Administración. (SÓ GRÁFICOS).

10.00 h
No Hotel Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, San Lázaro), a concelleira de Deportes, María Corral, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da GLADIATOR RACE, a carreira de obstáculos que se celebrará o vindeiro 27 de xuño no Monte do Gozo.

10.45 h
No parque infantil do grupo de vivendas Cardenal Quiroga, na Pontepedriña, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa de Danza de marzo a maio. Na rolda estará tamén Baltasar Patiño, de Matarile Teatro, que presenta ‘Hombres Bisagra’ dentro do ciclo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, para presentar as actividades con motivo do Día da Árbore.

12.30 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio e a Fundación Laboral da Construción (FLC) para o financiamento da fase II das obras de rehabilitación da antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba para o Centro Nacional de referencia en Rehabilitación (SÓ GRÁFICOS). Ao remate, ROLDA DE PRENSA (Sala de Prensa do Concello).

20:00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de imposición da medalla de Ouro e título de fillo adoptivo a Salvador García-Bodaño.

21.00 h
Na Zona C, Avelino González presenta ‘Contar’ dentro do Festival de Narración Oral Atlántica.

Compartir: