Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

11.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asina un acordo de colaboración coa presidenta de Hostelería Compostela, Sara Santos; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e o administrador da Catedral, Francisco Domínguez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, para presentar o Punto Limpo Itinerante.

13.00 h
No Museo Centro Gaiás, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á inauguración da exposición "Camiño. A Orixe".

19.30 h
Na Capela de San Ildefonso da Universidade de Alcalá, a concelleira María Jesús Sáinz asiste ao concerto co que se inaugura o II ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade. O acto estará presidido pola raíña Dona Sofía. Este ciclo, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio e a Fundación Albéniz, levará ás cidades da rede entre marzo e maio as mellores agrupacións da Escola Superior de Música Reina Sofía.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Pablo Ferrández.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía dirixida por Antoni Ros Marbá e con Pablo Ferrández, violoncello. Dentro do Programa de Abono.
21.00 h
Na Zona C, concerto de Paus e Coelho Radiactivo en 'Recreios: músicas emerxentes alén da Raia', dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Teatro Principal, ‘Noite Negra’ do Festival de Narración Oral Atlántica

Compartir: