Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar a II Feira Caravaning Compostela, que se celebra esta fin de semana.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, para presentar a XXIV edición dos premios Irmandade do Libro. Asisten tamén a presidenta da Federación de Libreiros, Pilar Rodríguez Álvarez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Na presentación darase a coñecer o gañador da categoría "autor/autora". O acto de entrega celebrarase na Cidade da Cultura o sábado 14 de marzo.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes no Congreso de Retina e os xerentes de Clínicas Oftalmolóxicas, entre os que se atopan os representantes do Instituto Gómez-Ulla de Santiago.

20.30 h
Na Zona C, concerto de White Bats e Músculo! dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: