Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 11 de marzo

10.15 e 11.45 h
No Teatro Principal, Recursos Educativos presentan ‘Le malade imaginaire’ de Molière, dentro do Programa Escolar.

12.00 h
No Consello da Cultura Galega, a concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do cómic "Vivir no solo".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na entrada do CHUS, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste á mesa informativa de ALCER na véspera da celebración Día mundial do ril.

12.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura a xornada "A mobilidade sostible chega a Galicia: o vehículo eléctrico está aquí" e a continuación inaugura a exposición "Vehículo Eléctrico + Enerxías Renovables" na praza do Obradoiro. (Declaracións á saída do Hostal. Aprox. 13.00 h).

A partir das 21.30 h
Na Sala Sonar, comezan as finais do II edición do Certame Santiautor para artistas noveis. O obxetivo deste certame é dar a coñecer e servir de plataforma a novos cantautores. Actuarán 5 finalistas cada día. Os finalistas son: Sandra Piñeiro, Cris Román, Rubén Artabe, Prextón, Angel Kalvi, Friends and Foes, Loren Playin Alone, Miguel Alonso, Rocio Iglesias, Carlos Valiño

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de John Németh que presenta o seu novo disco 'Memphis Grease’ dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

Compartir: