Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de xaneiro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
- Ratificación da urxencia da sesión
- Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal para o ano 2015.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No cemiterio de Boisaca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á ofrenda floral que se realiza con motivo do 79 aniversario do falecemento do escritor Ramón María del Valle-Inclán. SÓ GRÁFICOS.

CABALGATA DE REIS
17.35 h
Chegada en tren dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polo carteiro real e pola Banda de Cornetas e Tambores de Santiago
18.00 h
Inicio da Cabalgata, co seguinte percorrido: Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar, Xelmírez, praza das Praterías e praza do Obradoiro.
19.15 h aprox
Chegada á Praza do Obradoiro e recepción por parte do alcalde e a Corporación municipal. A continuación, entrega dos premios do III Concurso de Cartas de Reis por parte dos Reis Magos.

22.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia que interpretan tangos de Astor Piazzolla ademais dunha suxestiva selección de danzas de Glinka, Kodály, Rossini e Bizet. Dirixidos por Lorenzo Viotti estarán acompañados polo bandeonista Pablo Mainetti.

Programación de Nadal
Pista xeo
11.00 a 14.00 h e 16.30 h a 22.00 h
Mercado da Quintana
11.00 h a 15.00 h e 17.00 a 21.00 h (De 11.00 a 14.00 h, ludoteca)
18.00 a 19.00 h, obradoiro de complementos de photocall para a mañá de Reis
19.30 h, concerto de Fondo do Peto
Compostela Gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.

Compartir: