Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos sobre a Mesa de Negociación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Emprego, Reyes Leis, para informar sobre a execución do programa da Axencia local de colocación, un servizo do Concello que procura facilitar os procesos de inserción laboral.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto co presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, preside o acto de entrega dos Trofeos á Deportividade, organizados pola Federación e o Concello de Santiago.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social)’ da Compañia Internacional de Teatro Arte Livre e dirixida por Roberto Cordovani. Dentro do Bono de Teatro Galego (e Portugués).

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: