Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de xaneiro

11.00 h
Na sede de Cáritas Interparroquial (Hospitaliño, nº2), a concelleira de Benestar Social, María Corral, asiste ao acto de entrega dos diplomas acreditativos das accións formativas desenvolvidas en 2014 no marco do II Plan Galego de Inclusión Social e do Proxecto Integra-Rocha.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa do ciclo Sons15 de xaneiro a marzo. Na rolda esarán tamén Manuel Dopico e Alfredo Dourado de A Roda, que estarán dentro do ciclo.

12.45 h
No Palacio da Zarzuela (Madrid), a tenente de alcalde, María Antón, asiste á audiencia na que o Rei Felipe VI recibirá os alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

14.00 h
Na sede do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (Paseo de la Castellana, 160, Madrid), a tenente de alcalde, María Antón, asiste á sinatura do convenio de colaboración entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o Ministerio e Paradores.

18.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o concelleiro de Réxime Interior e Persoal, Manuel Martínez, asisten á gala de entrega de premios do VII Santiago é Tapas.

20.30 h
No Teatro Principal, Anne Sullivan e Helen Keller (A loita pola inclusión social) da Compañia Internacional de Teatro Arte Livre e dirixida por Roberto Cordovani. Dentro do Bono de Teatro Galego (e Portugués).

Pista de xeo
9.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 17.00 h a 21.00 h.

Compartir: