Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 16 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Son+D2 presentan ‘Estamos no verán!!!’ dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
A concelleira de Urbanismo, Teresa Gutiérrez, visita o barrio da Choupana onde se procederá á instalación dunha nova marquesina de parada de autobús, das 12 que se van colocar en diferentes puntos da cidade.
Punto de encontro: rúa Volta do Castro, 36 (diante do Eroski).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Salón Teatro, Teatro do Morcego presenta ‘Diálogo do can co seu amo’ de Jean Marie Piemme. Dirixida por Celso Parada está enmarcada dentro do Bono de Teatro Galego (e Portugués).

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h (só centros escolares) e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.

Compartir: