Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 10 de xaneiro

17.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Educación, Maite Cancelo, intervén na presentación do Libro-CD "Axente Corrente, Galo Mirindolo", na que haberá unha actuación musical con pezas preparadas a tal efecto por Xoglares.

17.00 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), Roberto Hermida, doutor en bioloxía e membro da asociación Drosera, impartirá un relatorio sobre "Morcegos urbanos: uns sorprendentes veciños", dentro do ciclo "Biodiversidade na cidade" que se organiza no CIAC ata febreiro de 2015.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia dirixida por Vicente Alberola, dentro do ciclo Novas Orquestras.

20.00 h
No Auditorio Abanca, Willy Monroe presenta ‘Globsesion’ (maxia cómixa con globos), dentro do ciclo Infantil&Familiar.

Pista de xeo
11.00 a 14.00 h e 16.30 h a 22.00 h. Sesión nocturna de 23.00 a 2.00 h.
Mercado da Quintana
O Carrusel permanecerá na praza ata o domingo 11.

Compartir: