Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 28 de setembro

10.00 a 14.00 h
No Campus Sur (zona do estanque), segunda entrega das Xornadas da Bicicleta na Mocidade. O programa arranca cunha concentración de ciclistas. Entre as 10.30 e as 11.00 h, a Asociación Vella Escola fará unha exhibición de BMX e Skate. Asiste o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

11.00 a 13.30 h
No Monte Pedroso, ruta en bicicleta de montaña polo Pedroso. Ao remate, no merendeiro, exhibición de descenso polo CC Muebles Compostela, dentro das Xornadas da Bicicleta na Mocedade organizadas polo Concello en colaboración co Club BTT Ultreia. Asiste a primeira tenente de alcalde, Teresa Gutiérrez.

12.00 h
No adro da Igrexa de San Caetano, o alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, asiste á procesión de San Miguel, das festas do Cruceiro da Coruña.

12.30 h
Na Fundación SGAE, Habla, no estás sola, da compañía La Mar de Marionetras, dentro do festival Galicreques.

17.00 a 20.00 h
Na Praza Roxa, obradoiros de maxia, globofexia e artes afíns, impartidos por magos profesionais, dentro dos programas de lecer alternativo dirixidos á mocidade da UMAD.

19.00 h
No Teatro Principal a compañía Plansjet (Bélxica) presenta La danza de las marionetas, dentro do festival Galicreques.

19.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de Despois do tranvía, dirixida por Carlos Neira, dentro do Bono do Teatro Galego.

Compartir: