Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), a concelleira Reyes Leis recibe á Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES).

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira Marta González reciben o grupo alemán do instituto Carl-Benz-G.Ladenburg, de intercambio co colexio Peleterio.

14:00 h
Na Casa do Concello (Alcaldía), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o alcalde do municipio de Celaya (México), Ismael Pérez Ordaz, acompañado de empresarios da rexión de El Bajío agrupados na Asociación Celayense do Empresario (AEC). SÓ GRÁFICOS.

17:00 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de presentación do libro "Picheleir@s", que recolle os oficios e profesións máis relevantes na cidade dende a Idade Media.

20.00 h
No Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste aos actos de conmemoración do aniversario de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer)

20.00 h
No Teatro Principal, Goyo Jimenez presenta Evoluzión dentro do ciclo Falabaratos.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de Despois do tranvía, dirixida por Carlos Neira, dentro do Bono do Teatro Galego.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave dentro do ciclo Peregrinos Musicais.

Compostela Gastronómica
10.00 h
Compro, cociño e como con...: Javier Ozores.
16.30 h
Obradoiro Fotografia gastronómica con dispositivos móbiles e apps, Javier Peñas.
18.00 h
Obradoiro Cultivos ecolóxicos: A Biodinámica, harmonía e caos, José Luis Vaz.
19.30 h
Obradoiro Coctelería de Mercado, Diego Mosquera.

Compartir: