Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de setembro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, percorren un tramo do Camiño de Santiago na zona do Sarela.
Acceso pola rúa Sarela de Abaixo. INICIO: As coordenadas para o GPS son 42.879147º (42º52'44.93''N) e -8.568618º (8º34'07.03''O). FINAL: coordenadas 42.878586º (42º52'42.91''N) e -8.577975º (8º34'40.71''O)

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Bernardino Rama, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar a 11ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Na rolda estará tamén o director do festival, Pela del Álamo.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2014 (núm. 12/14).
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), no ámbito da reserva de equipamento RU-10. Virxe da Cerca, 6.
3. Declaración de necesaria ocupación de bens para a execución do proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade do barrio de Vista Alegre.
4. Resolución de alegacións, e aprobación definitiva da Conta Xeral do ano 2013.
5. Aprobación inicial, se procede, do expediente de desafectación e nova afectación da vivenda conserxe CEIP Vite I.
6. Aprobación, aos efectos económicos previstos no informe de intervención municipal, do convenio subscrito pola entidade pública empresarial "Augas de Galicia", o Concello de Santiago e a sociedade estatal "Aguas de las Cuencas de España, S.A." para a execución e explotación das obras de mellora da EDAR de Silvouta.
7. Proposta da alcaldía de designación de representante do concello na sociedade Cursos Internacionais da USC e na Fundación Refuxio de Animais.
8. Proposta da alcaldía de modificación da periodicidade das sesións plenarias ordinarias.
9. Proposición do grupo municipal do BNG, en defensa da pluralidade e participación política e contra a reforma electoral que pretende o Partido Popular.
10. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, en defensa da reforma da Lei Electoral.
11. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
12. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno de datas 11 de xullo, 14 de agosto e 5 de setembro de 2014.
13. Dar conta de Resolucións da Alcaldía de delegación da competencia sancionadora e tramitación de asuntos ordinarios da área de desenvolvemento urbano e sostible.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
15. Rogos e preguntas.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de Despois do tranvía, dirixida por Carlos Neira, dentro do Bono do Teatro Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, Goyo Jimenez presenta Evoluzion dentro do ciclo Falabaratos.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Izal que representa Agujeros de gusano, dentro do ciclo Compostela Rock.

Compostela Gastronómica
12.00 h
Escaparate gastronómico Área Santiago.
16.30 h
Algas, a horta de mar do século XXI, Antonio Muíños.
18.00 h
A protección xurídica das creacións culinarias, Carlos Lema.
19.30 h
Cociña galega á brasa, Alberto Lareo.
19.30 h
Compostela: O legado vinícola do Camiño, Xoán Cannas (Nave 4 do Mercado de Abastos)

Compartir: