Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de setembro

11.00 h
En Madrid (Escuela Entre Fogones; Huertas, 43), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de presentación de Compostela Gastronómica. Durante a presentación, os cociñeiros galegos Pepe Solla (Casa Solla, Pontevedra), Siro González (Calderón, Santiago de Compostela) e Alén Tarrío (Café de Altamira, Santiago de Compostela), xunto con Diego Guerrero como cociñeiro invitado, prepararán en directo tres propostas de pratos galegos de temporada que se ofrecerán como degustación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, para presentar Compostela Cine Classics 2014. Tamén estará o catedrático de Hª da Arte e do Cine da USC, Angel Luis Hueso Montón.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e do director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou, para presentar Sons’14 outono-inverno.

12.15 h
A concelleira de Educación, María Corral, visita o CEIP Raíña Fabiola con motivo do inicio do curso escolar. A continuación (13.00 h) visitará o CEIP Pío XII.

Compartir: