Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Centro Xuvenil Don Bosco (rúa Belvís, 2), a concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, asiste á clausura do campamento urbano organizado polo centro.

19.30 h
Verán na rúa
Na praza da Quintana, Gentlemen of the road, circo, música e clown para todos os públicos coa compañía británica Chipolatas. Entrada libre.

22.30 h
Noite curta
Na praza das Praterías, V Aniversario Marvin & Wayne I. A distribuidora cumpre cinco anos de vida, os mesmos que leva colaborando con Curtocircuíto, cun programa dobre de curtas. Entrada libre.

Compartir: