Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Reyes Leis, xunto coas representantes da Escola Internacional de Crianza e Coaching, Teresa Hernández; da Asociación Galega de Formadores, Raquel Pita; de Juntos por ti, Romina Molina, e de Identia Coaching, Nelly Rey, para presentar as II Xornadas de Crianza consciente e Coaching familiar, que se celebrarán en Santiago o 28 de xuño, dirixidas a familias e profesionais que traballan no ámbito da familia, a crianza e a educación. Ás xornadas asistirá o pediatra Carlos González.

11.45 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
No Museo das Peregrinacións, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación da peregrinación de Santiago a Padrón, que se celebrará o 5 de xullo. Con esta iniciativa, promovida polo Concello de Padrón e a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, reivindícase o recoñecemento oficial deste histórico Camiño xacobeo.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de maio de 2014 (núm. 8/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 18 de xuño de 2014 (núm. 9/14).
3. Dar conta de resolucións da Alcaldía en materia de delegación de competencias e nomeamento de membros da Xunta de Goberno.
4. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
5. Rogos e preguntas.
6. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Via Stellae
Na Praza da Quintana, concerto da Banda Municipal de Música e Ensemble Residente do FIP dirixida por Juan Miguel Romero Llopis e Juan Collazo. Baixo o título de 'América_de Norte a Sur' enmárcase dentro do Festival Via Stellae.

Compartir: