Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 25 de xuño

11.00 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira Reyes Leis visita o programa de conciliación de verán da Concellería de Educación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Reyes Leis para presentar o Campionato de Dardos.

13.30 h
No Polígono do Tambre, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o Consello de Administración de Mercagalicia.

16.00 h a 21.00 h
Na Praza Roxa, actividades con motivo do Día Internacional do Skateboard.

19.00 h
No Teatro principal, gala final do programa CompostelaActúa, coa actuación do coro, o grupo de música e o grupo de teatro.

20.00 h
No Local Social Campo do Monte, o concelleiro José María Rosende participa na charla de presentación do "Cinturón verde de Santiago. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural".

Compartir: