Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsión informativa para o mércores 28 de maio de 2014

9.30 h
En Área Central, a concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugura Getting Contacts.

11.00 h
Na rúa de San Pedro, proba de paso do autobús urbano.

11.15 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa no maratón de lectura organizado pola Fundación.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, recibe os participantes na marcha de afectados de esclerose múltiple.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa no foro "Patrimonio e turismo: un motor de desenvolvemento económico".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
No IES Pondal, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participa no obradoiro sobre Celso Emilio Ferreiro.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 24 de abril de 2014 (núm. 6/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 26 de abril de 2014 (núm. 7/14).
3. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do catálogo do PXOM de Santiago de Compostela: corrección de erros na ficha D-070 (conxunto en Casal da Horta), creación da ficha D-070 bis (Pazo de Lermo) e incorporación ao catálogo dun elemento de interese etnográfico coa referencia F-134 (Pombal).
4. Aprobación de crédito extraordinario núm. 2014-CREXT-01 para investimentos financiados con cargo a remanente de tesourería afectado.
5. Propostas da concelleira delegada da área de servizos sociais e da concelleira de economía, emprego, comercio, mercados e turismo de modificación do anexo de subvencións nominativas das bases de execución do orzamento para o exercicio 2014.
6. Proposta do concelleiro delegado da área de mobilidade e seguridade, de distincións a membros da Policía Local.
7. Proposición do grupo municipal socialista relativa ao proxecto de ampliación da AP-9.
8. Proposición do grupo municipal socialista relativa á execución da sentenza núm. 00294/2014, do TSXG.
9. Dar conta da liquidación do orzamento do ano 2013.
10. Dar conta de informe de morosidade do ano 2013 e primeiro trimestre do ano 2014.
11. Dar conta do marco orzamentario do concello anos 2014-2017.
12. Dar conta da documentación remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas correspondente ao primeiro trimestre do exercicio de 2014, relativa ao seguimento do Plan de Axuste.
13. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
14. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
15. Rogos e preguntas.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Fabio Biondi e con Xosé Barato, narrador. .

FESTAS DA ASCENSIÓN 2014

12.00 h
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 h
Comparsa de CABEZUDOS
18.00 h a 20.00 h
No Campus Vida, festa infantil. Organiza Gas Natural.
22.00 h
ANDRÉS CALAMARO en concerto
20.30 Apertura de portas
21.00 Artista convidado: LOS ÁRBOLRES
22.00 ANDRÉS CALAMARO
PRAZA DA QUINTANA
23.00 h
Orquestra Compostela na Alameda

Compartir: