Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de maio de 2014

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o concelleiro de Medio Rural, Luis Meijide, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o concerto da semifinal MúsicaAula.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Nas instalacións de Area Central, II mercadiño solidario "Trócame-Roque". Asiste a concelleira da Área de Benestar Social, María Castelao.
O proxecto enmárcase dentro do traballo comunitario que se está levando a cabo no barrio das Fontiñas e noque participan as seguintes entidades: A Asemblea de Cooperación pola Paz, Fundación Secretariado Gitano, Centro de día Arela, Programa de atención a familias Abeiro, Cruz Vermella, CEIP Fontiñas, CEIP Monte dos Postes, IES Antonio Fraguas e a Concellería da Area de Servizos Sociais (coa UTS Fontiñas, Programa municipal socioeducativo e UMAD). O fin da organización deste mercadiño é sufragar un proxecto solidario ubicado no propio barrio de Fontiñas.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Guerrera e Cró dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: