Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de abril

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Benestar Social do Concello. PAPEL DO HOME COMO SUXEITO DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Mecanismos de opresión e control. Don Rubén Villar Trenco. Psicólogo. Experto en Psicoloxía Forense. Coordinador programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar: "ABRAMOS O CÍRCULO".

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, 'A frauta máxica' con Viravolta Títeres e a Banda Municipal de Música dentro do Programa Didáctico.

10.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe unha delegación de Turismo de Tanabe.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar o proxecto Barrios Abertos de Galicia, da Asemblea de Cooperación pola Paz.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
En Madrid (calle Nuncio, número 8), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do Consello territorial da FEMP.

14.30 h
Na rúa Hórreo, 31, a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á xuntanza do xurado para a elección de Mellor Empresario e Mellor Traxectoria Empresarial en Galicia convocado pola revista Actualidad Económica.

20.00 h
No Palacio de Congresos (Sala Santiago), o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participan no Congreso "Innovación Tecnolóxica como clave de futuro".

21.00 h
No Teatro Principal, 'El ansia' de Javier Martín dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: