Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de abril de 2014

Mércores 23

10.45 h
No Salón Vermello, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, fai entrega dos premios Vive a Paixón. Asiste o secretario de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Confraría de Estudantes, Modesto Gómez.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co subdelegado do goberno na Coruña, Jorge Atán, preside a Xunta Local de Seguridade. Asiste o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

13.30 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á clausura do Foro Correo. Asiste a concelleira de Facenda, Cecilia Sierra.

18.15 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao obradoiro de velas.

19.30 h
No Teatro Principal, Enlata Teatro USC presenta 'O envés' de Lorena Conce, dentro da XV Mostra de Teatro Universitario da USC.

20.00 h
No Paraninfo da USC, concerto dos Grupos de Cámara da Escola de Altos Estudos Musicais dentro do ciclo A Escola na Cidade.

Compartir: