Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de abril

Mércores 2

10.30 h
A concelleira de Mercados, Reyes Leis, acompañada polo xerente do Mercado de Amio, Luis Suárez Llanos, visita o recinto feiral para ver as obras de mellora realizadas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Sostible, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

18.00 h
Na tenda Faino ti (rúa de San Pedro, 89), a concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao curso de ganchillo.

18.00 h
No CSC de Santa Marta, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asiste ao comezo das actividades do Ciclo de Teatro Comunitario.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitará a exposición "Compostela Única" para compartir con representantes do Ateneo a explicación desta mostra ante os veciños do barrio.

20.30 h
Na Zona C, Teatro do Noroeste presenta 'A Mamma' de Lino Braxe. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso está dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Roi Casal que presenta o seu novo disco 'Donos do noso destino' dentro do ciclo Sons'14.

Compartir: