Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 31 de marzo

Luns 31

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside a XVIII reunión de Área Santiago.

10.30 e 12.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), os Monicreques de Kukas presentan 'Contos do vento acatarrado', co que celebran o seu 35 aniversario. Dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No CEIP Raíña Fabiola, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á sesión do Conto viaxeiro.

11.30 h
No Teatro Principal, Os Monicreques de Kukas presentan 'Contos do vento acatarrado' dentro do Programa Didáctico.

12.00
Na sala de prensa do Multiúsos Fontes de Sar, os concelleiros de Benestar Social, María Castelao, e de Deportes, Adrián Varela, asisten á ROLDA DE PRENSA de presentación proxecto de accesibilidade cognitiva para persoas con trastorno do espectro autista que se leva a cabo nas instalacións deportivas do Concello de Santiago de Compostela con motivo dos actos do Día mundial de concienciación do autismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, para presentar a remodelación da Praza de San Roque.

Compartir: