Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de decembro

11.00 h
En Pontepedriña (rúa Samos), o alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, asisten á apertura da pista polideportiva do barrio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a pista de xeo.

19.00 h
Na Praza Roxa, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao encendido do alumeado de Nadal. Ás 19.30 h, na praza do Toural e ás 20.00 h, na praza do Obradoiro.

19.30 h
En San Cristóbal de la Laguna (ex-convento de Santo Domingo), a concelleira María Jesús Sáinz asiste ao acto de entrega do Premio Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España á Fundación Las Edades del Hombre, representada polo seu secretario, Gonzalo Jiménez, polo seu labor a favor da recuperación e difusión do rico patrimonio cultural de Castela e León durante os seus 25 anos de actividade. A concesión do galardón acordouse o pasado 12 de xullo na Asemblea de Alcaldes celebrada en Mérida.

19.30 h
No taller de cociña Hello Cooking, na rúa de Sar nº96, baixo, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participa no último obradoiro práctico de cociña internacional do programa A cociña do meu veciño.

20.15 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Carlos Villanueva.

20.30 h
Na sala Agustín Magán do Csc de Santa Marta, dentro de Cineclassics 2014, proxección con cinefórum da película "Morte en Venecia" (1971) dirixida por Luchino Visconti, 127min. En versión orixinal subtitulada. Conducirá a presentación e cinefórum Ghaleb Jaber Martinez, director do festival de cine euroarabe AMAL.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Víctor Coyote que presenta ‘De pueblo y de río’. Con este concerto clausúrase o Ukelele Kit Project.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia que interpreta ‘La flor del agua’, zarzuela de Conrado del Campo e Víctor Said Armesto. Dirixidos por Maximino Zumalave e acompañados pola soprano Lola Casariego, o tenor Gustavo Peña e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Compartir: