Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 4 de decembro

9.00 h
No Aeroporto de Lavacolla (sala de xuntas do bloque técnico), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese co director de operacións de Vueling. (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúnese coa ministra de Turismo de Paraguay, Marcela Bacigalupo. (SÓ GRÁFICOS).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Corral, para presentar varios programas da Escola Municipal de Música.

20.00 h
Na sede da asociación Proxecto Home continúan os obradoiros de decoración da "Árbore das ilusións", dentro do programa de Nadal do Concello.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Óscar Ibáñez & Tribo que presenta ‘Alen do mar’ dentro do ciclo Sons’14.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket dentro do ciclo Blues Nite by 1906.

Compartir: