Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 3 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe ao atleta compostelán Pedro Nimo, recente gañador do Campionato de España de Maratón.

16.30 h
No edificio CERSIA, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa na inauguración da Xornada formativa sobre a creación do produto turístico de pesca fluvial. Esta xornada perfílase como a primeira dunha serie de accións xa planificadas a celebrar a curto prazo para desenvolver turísticamente o enorme potencial fluvial e pesqueiro dos concellos de Área Santiago. Asisten tamén Verónica Tellado, directora xeral de Conservación da Natureza, e Carmen Pita, directora de Promoción de Turismo de Galicia.

18.00 h
No centro sociocultural de Vite, obradoiro de caracterización e maquillaxe de cine para os peques de 6 a 12 anos, dentro de Compostela Cine Classics. De balde.

19.30 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presenta, xunto co reitor da USC, Juan Viaño, o libro "Segredos de Catedral".

21.00 h
No Teatro Principal, Il Maquinario Teatro presenta ‘Perplexo’ de Marius von Mayenburg, dirixida por Tito Asorey. Dentro do Bono de Teatro Galego.

Compartir: