Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 21 de decembro

11. 00 a 20.00 h
Mercado da Estrela, que se celebra por terceiro ano consecutivo cunha edición única en Santiago de Compostela. As localizacións anfitrionas serán o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo do Pobo Galego (MPG) contando ademais cunha carpa para restauración e música denominada Cantina Gourmet. O horario estará comprendido entre as 11h. a 20h. nos espazos interiores dous dous museos. Na Cantina Gourmet, ubicada no corredor que conduce a Bonaval, entre o CGAC e o Museo do Pobo Galego, o horario prolongarase ata as 24h o sábado, e ata as 22h o domingo.

12.00 h
No Auditorio Abanca, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis e coa soprano Laura Alonso.

18.30 h
No Teatro Principal, Teatro Gorokada (Euskadi, teatro musical infantil) presenta ‘La vuelta al mundo’ dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.15 h
No estadio de Santa Isabel, a concelleira de Deportes, María Corral, asiste ao partido de fútbol americano feminino dos Black Ravens.

Compostela gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.
De 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h
Na Praza da Quintana, Mercado da Quintana organizado polo Concello de Santiago e Turismo de Galicia. De 18.00 a 19.00 h, obradoiro de cantos de Nadal. Ás 19.30 h, concerto de Trampoline. De 11.00 h a 14.00 h, gardería-ludoteca.
De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 22.00 horas
Na Alameda, pista de xeo.
12 a 14h e de 16 a 18h.
Na Praza Roxa, obradoiro de decoración da Árbore das Ilusións.

Compartir: