Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 16 de decembro

10.30 h
No Centro de Transfusión de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, doa sangue dentro da campaña "Nadal 2014" promovida polo CTG. SÓ GRÁFICOS.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de concelleira de Cultura, María Antón, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presenta a campaña de Nadal "As túas compras dan luz", organizada pola Fundación Santiago Centro. Asiste a concelleira de Comercio, Reyes Leis.

20.00 h
No salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago (San Pedro de Mezonzo, 44) o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, pronuncia a conferencia "Santiago de Compostela, diagnose e futuro da cidade", dentro dos actos de clausura do 125 aniversario desta institución compostelá.

20.00 h
Na Zona C, a concelleira de Cultura, María Antón, inaugura a intervención ‘Lo real’ de María Castellanos Vicente. María Castellanos, que foi segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013 tamén estará no acto.

21.00 h
No Teatro Principal, Tuerka Teatro presenta ‘O xardín das pernas roubadas’ dirixido por Xoán Castro Mejuto e Iria Ares. Está enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

Compostela gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.
De 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h
Na Praza da Quintana, Mercado da Quintana organizado polo Concello de Santiago e Turismo de Galicia.
De 17.00 a 21.00 h
Na Alameda, pista de xeo.
De 16.30 h a 20.30 h
No CSC do Ensanche, obradoiro de decoración da "Árbore das Ilusións".

Compartir: