Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de decembro

9.30 h
No AC Palacio del Carmen, a concelleira de Economía, Reyes Leis, inaugura Getting contacts!

11.30 h
Na Casa do Concello (salón verde), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, asinan un convenio para a finalización das obras de saneamento do río Sar e a posterior xestión, mantemento e conservación das instalacións. (SO GRÁFICOS). 12.00 h Visita ao colector do Sar. Punto de encontro: Rúa do Río Arriba (achégase plano con coordenadas de localización). Declaracións ao remate.

13.00 h
No salón de plenos da Casa do Concello, o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, preside un pleno sobre temas económicos no que participan alumnos do IES Xelmírez.

13.30 h
Na Casa do Concello (salón vermello), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibe o gañador do concurso Mellor Sumiller España 2014.

20.30 h
No Museo das Peregrinacións (praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a entrega dos entrega dos XV Premios Manuel Beiras.

20.30 h
Na Zona C, A Panadara presenta Pan! Pan! dentro do Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, o Grupo Chvere presenta Eurozone, dirixida por Xron. Espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Pazo de Congresos, concerto de Bunbury, que chega a Compostela coa súa xira Palosanto. Dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: