Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 8 de novembro

A partir das 18.00 h
No CSC de Conxo, 3ª edición da Festa das Cabazas, que de novo contará cun magosto ao que están invitados non só os veciños e veciñas de Conxo, senón de toda Compostela, organizado pola Coordinadora de Festas Tradicionais do Barrio de Conxo. Será unha xornada de festa con actividades para todos os públicos, destacando o tradicional túnel do terror (organízanse varios pases por idades a partir das 18.00 horas, cun pase final para adultos), o cine infantil, a presenza de postos de artesanía e ás 19.15 horas a actuación do grupo Baobab Teatro cunha obra para todos os públicos "Bailando cos contos".
A partir das 19.30 h, o magosto, con castañas asadas e unha bebida quente. Asiste o alcalde de Santiago, Agustín Hernández.

21.00 h
No Auditorio Abanca, Faemino y Cansado presentan '¡Como en casa ni hablar!' dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: