Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 7 de novembro

9.00 h
No Parlamento, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á inauguración da Asemblea de parlamentarios rexionais, CALRE 2014.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

17.15 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de colocación da primeira pedra das obras de construción do enlace de Conxo. SC-20 pq 7+500, presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor. Punto de encontro: CSC Aurelio Aguirre.

20.00 h
Na Quinta da Auga, a concelleira de Emprego, Reyes Leis, asiste á presentación oficial de Locas Musas.

20.15 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con... Fernando Buide.

20.30 h
Na Sala Agustin Magán do Centro sociocultural de Santa Marta, proxección da película "Viridiana, de Luis Buñuel, (1961),90min.,presentanda e comentada pola realizadora e actriz, Sonia Méndez. Entrada libre ata completar a capacidade. Dentro de Cine Classics 2014.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Tedi Papavrami, violín. Estrean unha obra de Fernando Buide e interpretan tamén obras de Tippett e Sibelius.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Guitar Crusher (North Carolina/New York, blues/rock/soul) dentro do ciclo Blues NIte by 1906 e Cineuropa Concerto.

Compartir: