Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de novembro

9.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura as II Xornadas de rehabilitación en madeira, nas que se aborda a rehabilitación neste eido en Santiago e Allariz. Organizadas polo Cluster da Madeira de Galicia (CMA), que recibiu recentemente a Gold Label, medalla de ouro á Xestión.

10.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación para aprobar a amortización anticipada de débeda e o financiamento de investimentos con cargo ao remanente líquido de tesourería.

12.00 h
No Auditorio Abanca (Preguntoiro, 23), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura o XIX Congreso da Sociedade Española de Investigacións Óseas e do Metabolismo Mineral.

13.30 h
No Salón de Graos do Reitoría, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste ao acto de entrega da V edición dos premios á Introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

20.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os membros da Asemblea Xeral da CALRE (Conferencia de Asembleas lexislativa rexionais de Europa, da que forman parte oito países da Unión Europea: Bélxica, Alemaña, Italia, Austria, Portugal, Reino Unido, Finlandia e España).

Compartir: