Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 4 de novembro

11.30 h
Na Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de entrega de Placa colectiva e medalla ao mérito da Policía Local á Policía Local de Santiago. Asiste o concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

13.00 h
A primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago, Teresa Gutiérrez, visita xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o novo centro da Asociación Sarela (Rúa Pedro Cabezas González, 3).

19.00 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de entrega do VII Premio "Compostela" de Albums Ilustrados ao ilustrador Federico Delicado pola obra "Ícaro". Pola mañá, o gañador manterá unha sesión de traballo cos alumnos/as do bacharelato artístico do IES de Sar, de maneira que entre as 10:50 e as 12:30 horas, 98 alumnos/as desa especialidade e profesorado dese centro terán a oportunidade de coñecer ao artista premiado e as técnicas que utiliza nos seus traballos.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Apenino dentro do Ukelele Kit Project.

Compartir: