Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de novembro

9.00 h
No edificio CINC da Cidade da Cultura, segunda xornada do II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, para profesionais da área de Santiago de Compostela.
9:00 - 10:30 A INTERVENCIÓN CON VÍTIMAS, ESTUDOS DE CASO
Dna. Laura Ocaña Maraver, Psicóloga, Victimóloga e Criminóloga especializada en intervención con vítimas
10:30 – 11:30 OS MENORES: VÍTIMAS INVISIBLES DO MALTRATO. ACTUACIÓN NO PROCESO PENAL.
Dna. Esther Erice Martínez, Ilma. Presidenta da Audiencia Provincial de Navarra,
12:00– 14:00 MESA DE XUÍCES/ZAS. VIOLENCIA DE XÉNERO DE GALICIA
Don Evaristo Nogueira Pol, Decano en representación do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, modera a mesa: participan catro xuízas do ámbito xeográfico de Galicia: Dna. Paz Filgueira Paz, Dna. Ana Rodríguez Piorno e Dna. María Paz Rumbao Pérez.
15:30 – 17:20 SENSIBILIZACIÓN E VISIBILIZACIÓN A TRAVÉS DAS PUBLICACIÓNS.
Dna. Gemma Lienas i Massot, Escritora Licenciada en Filosofía e Letras, experta en literatura para adolescentes
17:30 – 19:00 A REPRESENTACIÓN DOS ESTEREOTIPOS
Dna. Isabel de Ocampo, cineasta e experta en comunicación audiovisual.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Hotel NH Collection Santiago, a concelleira de Cultura, María Antón, asiste á inauguración da Feira de Arte Contemporánea Cuarto Público.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 31 de outubro de 2014 (núm. 15/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 6 de novembro de 2014 (núm. 16/14).
3. Renuncia ao cargo de concelleiro do grupo municipal do Partido Popular, de Don Ángel Benito Currás Fernández.
4. Toma de coñecemento da proposta do Partido Popular de designación de membro a ocupar o cargo de concelleiro/a, ao abeiro do disposto no artigo 182.2 da Lei Orgánica 5/85, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
5. Aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable delimitado núm. 11 (SUD-11). Muíño de Vidán.
6. Proposta do concelleiro delegado de réxime interior de correción de denominación de rúa.
7. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade e seguridade de ampliación de contrato para a adquisición de vehículo contraincendios mediante renting.
8. Proposta do concelleiro delegado da área de facenda relativa á solicitude de ampliación de prazos para o reintegro do PIE dos anos 2008-2009.
9. Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal do concello para o ano 2015.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE para a construción da estación intermodal do AVE de referencia para Galicia en Santiago.
11. Dar conta de Resolución da Alcaldía en materia de delegación das notificacións das resolucións e acordos da Xunta de Goberno que se tramitan na área de desenvolvemento urbano e sostible, servizo de planeamento.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Centro Empresarial do Tambre, vía Edison, 1, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao Acto de homenaxe ao asociado, organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

XXVIII edición de Cineuropa

TEATRO PRINCIPAL
16:30 PLEMYA (THE TRIBE) Miroslav Slaboshpitsky
18:45 PARTY GIRL Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger, Samuel Theis
20:30 THE LAST DAYS ON MARS (LOS ÚLTIMOS DÍAS DE MARTE) Ruairi Robinson
22:15 MARATÓN

SALÓN TEATRO
16:00 SILK STOCKINGS (LA BELLA DE MOSCÚ) Rouben Mamoulian
18:00 LAWLESS (SIN LEY) John Hillcoat
20:00 XENIA Panos H. Koutras
22:30 PARTY GIRL Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger, Samuel Theis
00:15 VANISHING POINT (PUNTO LÍMITE: CERO) Richard C. Sarafian

CGAC
16:00 NEIL YOUNG UNPLUGGED (NEIL YOUNG, DESENCHUFADO) Milton Lage, Beth McCarthy
17:15 RED ROCKS LIVE. NEIL YOUNG, FRIENDS & RELATIVES (EN DIRECTO EN RED ROCKS NEIL YOUNG, AMIGOS Y FAMILIARES) L. A. Johnson
19:30 LARS OLE, 5C Nils Malmros
21:00 DRENGE (BOYS) Nils Malmros
22.30 ANGROIS NO ESQUECEMENTO Emilio Carral e Susana S. Recouso

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
16:30 THE CANYONS Paul Schrader
18:15 BULWORTH Warren Beatty
20:15 TWIXT Francis Ford Coppola

Compartir: