Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de novembro

9.30 h
No edificio CINC da Cidade da Cultura, a concelleira de Servizos Sociais, Maria Corral, inaugura o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, para profesionais da área de Santiago de Compostela.
A continuación, primeira xornada:
9:30 – 10:00 COMPROMISOS EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Don Julio Arnaldo García Jiménez, Vogal Asesor da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero.
10:00– 12:00 CONFERENCIA: CULTURA LATINA, POBREZA E VIOLENCIA DE XÉNERO.
Dona María Marcela Lagarde y de los Ríos, Etnóloga, Doutora e Mestra en Ciencias da Atropoloxía na Universidade Nacional Autónoma de México
12:30– 14:00 MESA: MULLERES VÍCTIMAS DE TRATA E VIOLENCIA SEXUAL.
Belén Liste, Subdirectora Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Secretaría Xeral da Igualdade modera a mesa. Participan: Dna Gemma Blanco Martinez da ONG Médicos del Mundo, Dna Maribel del Pozo Triviño, Profesora e investigadora da Universidade de Vigo participante do proxecto de intérpretes SOS –VIC, Dna. Rosario Carracedo Bullido, Avogada e Portavoz da Plataforma Estatal de Mulleres pola Abolición da Prostitución e Dna. Silvia Pérez Freire, Experta en Trata de persoas, Xénero e Violencia contra a Muller.
15:30 – 16:30 OS MALTRATADORES: ANÁLISE DAS ESTRATEXIS DE INTERVENCIÓN CON HOMES. ESPAÑA E EUROPA.
Dn. Heinrich Gesdschläger Psicólogo, psicoterapeuta e Socio fundador de CONEXUS
16:30- 17:30 MODELOS DE CONDUCTA MACHISTA: AS RESISTENCIAS MASCULINAS AO PROXECTO DE IGUALDADE. RELACIÓNS ENTRE MENORES.
Dn. Miguel Ángel Arconada Melero é Filólogo e profesor de Lingua e Literatura en Educación Secundaria, Experto en Xénero e Masculinidades Igualitarias.
17:40 – 19:00 ERRADICAR A VIOLENCIA DE XÉNERO: A COEDUCACIÓN
A Doutora Dna. Marina Subirats Martori é Catedrática Emérita de Socioloxía da Universidade Autónoma de Barcelona, experta en xénero e coeducación.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia. Dirixido por Maximino Zumalave e baixo o nome de 'En danza coa orquestra'.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar Compostela Gastronómica no Nadal.

12.00 h
Na rúa do Vilar, 11, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, asiste ao acto de entrega do diploma ao establecemento do CCA de Compostela Monumental máis votado na campaña Máis que Comercio! Tamén se fará entrega, no mesmo acto, dos cheques de 100 e 200 euros aos gañadores do concurso. O establemento gañador do CCA Compostela Monumental é "Garysom".

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os participantes na I Misión comercial inversa edición Latinoamérica/Cluster TIC Galicia.

19.00 h
Na Sala "San Felipe Neri" de San Martiño Pinario (Seminario Maior), a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, participa na mesa redonda programada dentro da Campaña das Persoas sen Fogar que Cáritas celebra o 30 de novembro, este ano co lema "Por unha vivenda digna e adecuada".

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Supersubmarina dentro do Compostela Rock e Cineuropa Concerto. Presentan o seu novo disco 'Viento de cara'.

XXVIII edición de Cineuropa

TEATRO PRINCIPAL
16:00 WHITE GOD Kornél Mundruczo
18:00 A PIGEON SAT ON A BRANCH REFLECTING ON EXISTENCE Roy Andersson
20:00 THE SMELL OF US Larry Clark
22:00 PELÍCULA SORPRESA
23:45 COLD IN JULY (FRÍO EN JULIO) Jim Mickle

SALÓN TEATRO
16:00 XENIA Panos H. Koutras
18:15 PLEMYA (THE TRIBE) Miroslav Slaboshpitsky
20:30 GOODNIGHT MOMMY Severin Fiala, Veronika Franz
22:15 WINTER SLEEP Nuri Bilge Ceylan

CGAC
21:30 LE CHAGRIN ET LA PITIÉ (LA TRISTEZA Y LA PIEDAD) Marcel Ophüls

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
16:30 THE CANYONS Paul Schrader
18:15 BULWORTH Warren Beatty
20:15 TWIXT Francis Ford Coppola

Compartir: