Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 25 de novembro

10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Consorcio de Santiago cede as instalacións do Museo das Peregrinacións e de Santiago, situado na Praza das Praterías, para a realización dun acto simbólico. Na cristaleira da fachada do edificio mostraranse unhas fotografías e proxectarase un vídeo para sensibilizar sobre este problema social: Cicatrices. Realidades maquilladas, un proxecto da fotógrafa compostelá Ainoa Calvo. Como clausura deste acto, ao redor das 19.30 horas, a cantante compostelá de orixe palestina Najla Shami ofrecerá un pequeno concerto, no que, entre outros temas, interpretará varios poemas de Rosalía de Castro.

10.00 h
No Hotel OCA Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro), a concelleira de Economía, Reyes Leis, asiste á inauguración do foro "O sector forestal en Galicia".

10.30 h
Na Pilgrim House (Rúa Nova, 19), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na presentación da revista Especial CompHostelería.

10.30 e 12.00 h
No Auditorio Abanca, Redrum Teatro presenta 'Roedores' dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia. Dirixido por Maximino Zumalave e baixo o nome de 'En danza coa orquestra'.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e o director danés, Nils Malmros, a quen esa mesma noite se lle fai entrega do premio Cineuropa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mar Martín, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, para presentar o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, para profesionais da área de Santiago de Compostela.

20.30 h
Na Zona C, proxección de curtametraxes, documentais, videoclips e spots dentro do proxecto Ukelele Kit Project.

20.45 h
No Salon Teatro, a concelleira de Cultura, María Antón, entrega o premio Cineuropa a Nils Malmros. A continuación proxéctase o seu filme 'Sorrow and Joy'.

XXVIII edición de Cineuropa

TEATRO PRINCIPAL
16:00 KÆRESTESORGER (ACHING HEARTS) Nils Malmros DEBATE CO SEU DIRECTOR, NILS MALMROS
18:30 GÜEROS Alonso Ruizpalacios
20:30 SAINT LAURENT Bertrand Bonello
23:00 WHITE GOD Kornél Mundruczo

SALÓN TEATRO
16:30 SI SEÑORA + LO QUE TÚ DICES QUE SOY Virginia García del Pino ENCONTRO COA SÚA DIRECTORA, VIRGINIA GARCÍA DEL PINO
18:30 SKØNHEDEN OG UDYRET (BEAUTY AND THE BEAST) Nils Malmros DEBATE CO SEU DIRECTOR, NILS MALMROS
20:45 PREMIO CINEUROPA: NILS MALMROS SORG OG GLÆDE (SORROW AND JOY) Nils Malmros
23:00 A PIGEON SAT ON A BRANCH REFLECTING ON EXISTENCE Roy Andersson

CGAC
16:30 NEIL YOUNG, MUSIC IN REVIEW (NEIL YOUNG, REPASO A SU MÚSICA) L. A. Johnson
17:45 THE SUNCHASER Michael Cimino

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
12:00 ISHTAR Elaine May
16:00 LOVE STREAMS (CORRIENTES DE AMOR) John Cassavetes
18:30 THEY ALL LAUGHED (TODOS RIERON) Peter Bogdanovich
20:30 STAR 80 Bob Fosse

Compartir: