Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de novembro

10.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa no pleno infantil que conmemora o Día Internacional dos dereitos da Infancia, actividade organizada en colaboración con UNICEF. Nesta ocasión participarán 25 nenos e nenas do CEIP López Ferreiro e o Colexio M. Peleteiro. Asiste tamén a concelleira de Educación, María Corral.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar o filme 'A viaxe de Leslie' que se poderá ver en Cineuropa o venres. Na rolda participan tamén a autora da idea orixinal do filme, Daniela Arias, e o produtor executivo do filme, Pepe Coira.

12.00 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina o protocolo para a restauración do conxunto catedralicio de Santiago xunto co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
Na Aula Gastronómica da Praza de Abastos, a concelleira de Mercados, Reyes Leis, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación dos gañadores das bolsas de alimentación para estudantes do curso 2014-2015.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Dima Slobodeniuk e con Pekka Kuusisto, violín, interpretan obras de Grieg, Fagerlund e Sibelius.

XXVIII edición de Cineuropa

TEATRO PRINCIPAL
16:00 STILL THE WATER Naomi Kawase
18:00 JAUJA Lisandro Alonso
20:00 LEVIATHAN Andrei Zvyagintsev
22:30 TURIST Ruben Östlund
00:15 THE GUEST Adam Wingard

SALÓN TEATRO
16:15 LOS COLONOS DEL CAUDILLO Lucía Palacios, Dietmar Post
18:45 LE MERAVIGLIE Alice Rohrwacher
20:45 BANDE DE FILLES Céline Sciamma
22:45 BLIND Eskil Vogt
00:15 LOS COLONOS DEL CAUDILLO Lucía Palacios, Dietmar Post

CGAC
16:00 CARLOS Olivier Assayas
21:45 DIE STILLE NACH DEM SCHUSS (EL SILENCIO TRAS EL DISPARO) Volker Schlöndorff

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
12:00 TIRESIA Bertrand Bonello
16:45 NASHVILLE Robert Altman
19:30 BOUND FOR GLORY (ESTA TIERRA ES MI TIERRA) Hal Ashby

Compartir: