Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 16 de novembro

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Llopis. Rhapsoy in Blue e a Sinfonía do Novo Mundo. Para a primeira obra a Banda contará coa compañía dun solista convidado, o afamado pianista compostelán Abe Rábade, especialista en jazz e cunha existosa carreira internacional.

13.00 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Deportes, María Corral, entrega os premios do XIV Trofeo Ciclocross Cidade de Santiago. A saída da proba é as 10.30 h.

16.30 h
No Auditorio de Galicia, VIII Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación de Bandas de Música Populares.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, entrega o Premio Cineuropa á actriz Bárbara Lennie. A continuación proxectarase o filme que Lennie protagoniza, 'Magical Girl'.

20.00 h
Na Zona C, concerto de Camarada Nimoy dentro do Ukelele Kit Project.

23.00 h
No Teatro Principal, Borja Cobeaga, director de 'Pagafantas', guionista de 'Ocho apellidos vascos' e responsable da serie de humor 'Vaya semanita', presenta o seu filme 'Negociador' dentro de Cineuropa e ao remate da proxección mantén un encontro co público no que tamén participa o director de Cineuropa, José Luis Losa.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
17:00 WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS (NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA) Andy Hamilton, Guy Jenkin
20:00 PREMIO CINEUROPA: BÁRBARA LENNIE MAGICAL GIRL Carlos Vermut
23:00 NEGOCIADOR Borja Cobeaga

SALÓN TEATRO
16:00 HIGH SOCIETY (ALTA SOCIEDAD) Charles Walters
18:00 LE MERAVIGLIE Alice Rohrwacher
20:00 THE GUEST Adam Wingard
21:45 VERGISS MEIN ICH (LOSE MY SELF) Jan Schomburg
23:30 WAKE IN FRIGHT Ted Kotcheff

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
12:00 COEURS (PETITES PEURS PARTAGÉES) Alain Resnais
16:15 HARRY AND TONTO (HARRY Y TONTO) Paul Mazursky
18:15 SHAMPOO Hal Ashby
20:15 LENNY Bob Fosse

Compartir: