Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de novembro

10.00 h a 20.30 h
Na Facultade de Psicoloxía de Santiago, xornada sobre "Consumo de alcohol e prevención de drogodependencias en adolescentes. Novas claves e retos". Inscrición gratuita: libre acceso. Ás 16.30 h, ponencia a cargo do técnico da UMAD do Concello de Santiago, Jorge Carballido.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director de Cineuropa, José Luis Losa, e o cineasta Ángel Santos para presentar o filme que este dirixe 'Las altas presiones' e que se poderá ver en Cineuropa esa mesma tarde ás 20.00h no Teatro Principal dentro da Sección Oficial do festival.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Praza de Abastos (Aula Gastronómica), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a exposición fotográfica "Área Santiago". Asiste a concelleira de Turismo, Reyes Leis.

13.45 h
No Auditorio Abanca (rúa Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura o VIII Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Conversando con... José Luis Losa, director de Cineuropa.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia que, dirixida por Paul Daniel, ponlle música á proxección de 'A quimera do ouro' de Charles Chaplin. Este concerto, ademais de dentro do programa de abono, enmárcase no ciclo Cineuropa Concerto.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Arizona Baby dentro do ciclo Compostela Rock e de Cineuropa Concerto.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
16:30 SCARECROW (EL ESPANTAPÁJAROS) Jerry Schatzberg
18:30 UNA NOCHE SIN LUNA Germán Tejeira
20:00 LAS ALTAS PRESIONES Ángel Santos PRESENTACIÓN E DEBATE CO SEU DIRECTOR, ÁNGEL SANTOS
22:15 EL ARCA DE NOÉ Adán Aliaga, David Valero PRESENTACIÓN E DEBATE CO SEU DIRECTOR, ADÁN ALIAGA, E OS SEUS PRODUTORES, LUISA ROMERO E SERGIO FRADE
00:15 WHAT WE DO IN THE SHADOWS (LO QUE HACEMOS EN LAS SOMBRAS) Taika Cohen (Taika Waititi), Jemaine Clement

SALÓN TEATRO
16:00 15 DÍAS EN LA PLAYA Flavia de la Fuente
17:30 THE LAND BETWEEN David Fedele
19:00 HEARTS OF DARKNESS: A FILMMAKER’S APOCALYPSE (CORAZONES EN TINIEBLAS) Fax Bahr, George Hickenlooper, Eleanor Coppola
20:45 WHAT WE DID ON OUR HOLIDAYS (NUESTRO ÚLTIMO VERANO EN ESCOCIA) Andy Hamilton, Guy Jenkin
22:30 PHOENIX Christian Petzold
00:30 THE GAMBLER (EL JUGADOR) Karel Reisz

CGAC
16:00 FÜNF PATRONENHÜLSEN (CINCO CARTUCHOS VACÍOS) Frank Beyer
17:30 NACKT UNTER WÖLFEN (DESNUDO ENTRE LOBOS) Frank Beyer
19:45 KARBID UND SAUERAMPFER (CARBURO Y ACEDERAS) Frank Beyer
21:15 JAKOB, DER LÜGNER (JACOB THE LIAR) (JAKOB, EL MENTIROSO) Frank Beyer
23:00 DER VERDACHT (LA SOSPECHA) Frank Beyer

CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
12:00 PAS SUR LA BOUCHE Alain Resnais
16:30 CISCO PIKE Bill L. Norton
18:15 THE HEARTBREAK KID (EL ROMPECORAZONES) Elaine May
20:00 BLUME IN LOVE (BLUME ENAMORADO) Paul Mazursky

Compartir: