Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 3 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

17.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe a membros da Confederación ASPACE e ASPACE Galicia. SÓ GRÁFICOS.

19.00 h
En Espacio Viriato (Orfas, 15), a concelleira Reyes Leis participa na presentación da ferramenta formativa "Visual, merchandising, training, tool", resultado do proxecto europeo VM TEXTRANSF.

20.00 h
Xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo.

20.30 h
No Salón Teatro, presentación de 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego. Asiste a concelleira de Cultura, María Antón.

20.30 h
Na Sala Capitol, triCiclo 6 con Holy Fuck, Sensible Soccers e Esquelas, dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Multiúsos Fontes de Sar, a concelleira de Deportes, María Corral, asiste ao partido do Santiago Futsal.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de cultura, María Antón, asiste á inauguración das Xornadas de Música Contemporánea cun concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb.

21.30 h
No centro sociocultural de Villestro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á asemblea de Ferusa. SO GRÁFICOS.

XIX Festival Internacional de Títeres, Galicreques
18.30h Na Alameda, Panta Rhei presenta 'Astokillo'.
19.30h Na Regadeira de Adela, varias funcións de microteatro 'Especial Julio Cortázar'.
20.30h No Teatro Principal, títeres para adultos coa Compañía Jordi Bertran que presenta 'Poemas visuales'.
22.30h Na Zona C, títeres para adultos coa Compañía de Atracciones Populares La Estrella que presenta 'La soledad del cabaret de fondo'.

Compartir: