Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 23 de outubro

9:00 h. 
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández,  xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na reunión da Comisión de Seguemento do Plan Director do Camiño de Santiago. Os gráficos poderán tomar imaxes da reunión ás 9,50 horas. Declaracións ao remate.

Lugar: Salón de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia (Algalia de Abaixo, 24)

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Servizos Sociais, María Corral, para presentar Santiago Street Battles III, Campionato de España de Breakdance.

11:30 h.
No Salón de Actos da EGAP, a concelleira de Educación, María Corral, participa na inauguración do Congreso de Psicoloxía Xurídica Forense

16.00 h
En Área Central, a concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, asiste á inauguración do programa Lánzate a Emprender, da Asociación de Jóvenes Emprendedores.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á Gala dos Galegos do Ano.

21.00 h
En diferentes lugares da cidade (Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Capitol e Auditorio Abanca), concertos do WOMEX 2014.

Compartir: