Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de outubro

10.00 h
Na rúa Isaac Díaz Pardo, 2, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, farán unha visita ao Centro de Información á Muller (CIM). Na visita tamén estará a directora do Instituto da Muller, Carmen Plaza.

11.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe a profesores e alumnos do Máster en Deseño Arquitectónico que a Universidade da Coruña imparte na República Dominicana en colaboración coa Universidade Pontificia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a Carreira da Saúde.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, María Corral, para presentar os cástings para a nova edición do programa Compostela Actúa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, para facer balance de Compostela Gastronómica. Estará acompañado por participantes no evento e pola concelleira de Turismo, Reyes Leis.

13.15 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura aos actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. Ás 12.00 h asisten ao acto que se celebra na Catedral os concelleiros de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, e Réxime Interior, Manuel Martínez.

20.00 h
No CSC do Ensanche, CAFÉ CON…(encontros con profesionais do audiovisual arredor dunha merenda) Alfonso Zarauza (director e guionista), dentro de Compostela Cine Classics,14.

20.30 h
No salón de actos do Colexio Maior La Estila, a concelleira Reyes Leis asiste ao acto académico de apertura do curso 2014-2015.

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

XIX Festival Internacional de Títeres, Galicreques
18.30h Na Alameda, Os Quinquillans presentan 'No fondo do mar'.
19.30h Na Regadeira de Adela, varias funcións de microteatro 'Especial Julio Cortázar'.
20.30h No Teatro Principal, Viktor Antonov presenta 'Circus on the strings presenta'.
22.30h Na Zona C, títeres para adultos coa Compañía de Atracciones Populares La Estrella que presenta 'La soledad del cabaret de fondo'.

Compartir: