Previsións informativas para o mércores 17 de marzo
9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, almorzo informativo do "Fórum Europa. Tribuna Galicia", co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentado polo ex alcalde Xerardo Estevez Fernández.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar os actos de celebración do Día da Árbore e do Día da Auga. Estará acompañada por Luis Incera, xerente de Cespa, e Paula Piñeiro, xerente de Aquagest.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadadá, Guadalupe Rodríguez, presentar a exposición As Misións Pedagóxicas 1931-1936 e a homenaxe veciñal a Isaac Díaz Pardo.
12.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolle a Medalla de Ouro da USC ao Consorcio da Cidade de Santiago.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos de carácter local.
13:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar a Festa da Uña de San Lázaro.
20.00 h
Na igrexa de San Martiño Pinario (oratorio de San Felipe Neri), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro La música en el Seminario de Santiago, de Francisco J. Fernández Places.
20.30 e 22.30 h
No Teatro Principal, monólogo de Luis Piedrahita: Por qué los mayores construyen columpios encima de un charco?