Previsións informativas para o luns 22 de febreiro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a páxina web COMPOSTELAINTEGRA.ORG.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos de carácter local.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntaza do Consello Económico e Social.
20.00 h
No Teatro Principal, proxección de Emilia, parada y fonda de Argelino Fons, dentro do Ciclo de Cinema organizado polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
Fórum Gastronómico
11.00 h
No Recinto Feiral de Amio, ponencia de Ferrán Adriá.
13.00 h
No Recinto Feiral de Amio, ROLDA DE PRENSA de Ferrán Adriá, na que explicará o futuro de elBulli. Na rolda tamén estarán o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e os codirectores do Fórum, Pep Palau e Jaume von Arend.
17.45 h
No Recinto Feiral de Amio, Diálogo de Ferrán Adriá, xunto con Marcelo Tejedor, Jaques Maximin e Erik Roux.
18.30 h
No Recinto Feiral de Amio, entrega dos premios Innofórum. Entregan os galardóns o codirector do Fórum, Jaume von Arend; o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
21.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea oficial do Fórum Gastronómico.