Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de outubro

10.30 h
Os concelleiros de Desenvolvemento Económico, Medio Ambiente e Espazos Cidadáns, Marta Lois, Xan Duro e Jorge Duarte, visitan o obradoiro de emprego Ecotur Xuvenil. Punto de encontro: parcela municipal das hortas urbanas de Pontedpedriña.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar o partido de balonmano feminino clasificatorio para o Europeo entre a selección española e a austríaca.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o programa Compostela Móvese. Na rolda tamén estará o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela

12. 00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na rúa do Vilar, 19, (Afundación) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nos actos con motivo do Día Internacional do Maior.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o rexedor de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

18.30 h
Na BARRA ATLÁNTICA (Rúa da Conga), ROLDA DE PRENSA do segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte; Jacobo Sutil, director de AGADIC; María Garrido, responsable de Marketing de Martín Códax; e Iria Piñeiro, presidenta de Músicos Ao Vivo para presentar o I Festival Premios Martín Códax da Música.
(NOTA: Previamente, ás 18.00 h haberá un Flasmob coa Orquestra Vigo 340 na praza da Quintana e despois da rolda, ás 19.00 h, ‘Colleitas e recolleitas: Viño e Música', con Davide Salvado, na BARRA ATLÁNTICA.)

18.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os embaixadores da Liga Árabe acreditados en España.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto inaugural do programa de abono do Auditorio de Galicia coa Real Filharmonía de Galicia. Dirixida por Paul Daniel interpretan obras de E. Soutullo (estrea absoluta), F. Schmitt, M. Balboa e J. Sibelius.

XX Festival Internacional de Títeres Galicreques
Consultar programación en ww.galicreques.com

Compartir: