Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 30 de novembro

10.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe as participantes no programa Sara-Romí, que leva en Santiago a Fundación Secretariado Xitano. Ás 11.00 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegarase a saudalas ao Salón de Plenos.

11.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar os programas "As Bolboretas do Nadal" e "Nadal sobre rodas".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de representantes da Fundación Secretariado Xitano para presentar o programa Sara-Romí, programa do Instituto da Muller que pretende mellorar a autoestima das participantes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de Anxo Escariz e Óscar Pose, voceiros da Plataforma en Defensa do Leite Galego.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Colexio de abogados, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á "IX xornada Xustiza e Lingua, reflexións para normalización".

Compartir: