Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 1 de xullo

9.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co reitor da USC, Juan Viaño. (Declaracións ao remate).

11.30 h
Na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o director técnico da Real Filharmonía de Galicia, José Montes; e o director artístico e titular da mesma, Paul Daniel; para presentar o Programa de Abono do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia 2015-2016.

20.30 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, Concerto Italiano dirixido por Rinaldo Alessandrini presenta ‘Monteverdi… madrigais. Della prima alla seconda pratica’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.

Compartir: