Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 1 de xuño

11.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abre o Maratón de Lectura organizado pola Fundación e dedicado este ano a Rosalía de Castro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación cultural do mes de xuño.

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe un grupo de reclusos do Centro Penitenciario de Segovia que están a facer o Camiño de Santiago. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acompañaraos desde o Monte do Gozo (saída ás 10.00 h) ata a praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar os premios Educacompostela.

12.30 h
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa nos traballos de limpeza do cauce do río Sarela, dentro dos actos con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Punto de encontro: Santa Isabel.

13.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste ao acto de entrega do recoñecemento de "Empresa colaboradora da USC" no proxecto Mentoring.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao evento Enocións By Ribeiro

Compartir: