Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de xullo

10.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Emilio Pérez Touriño. Discursos parlamentarios".

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Serán de Hip Hop 16, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán representantes de tres dos grupos participantes.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

18.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da convocatoria.
2.- Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 2016-SUPLE-01 para atender a amortización de operacións de endebedamento vixentes e para financiar investimentos financeiramente sustentables en cumprimento do artigo 32 da LOEP e disp. adicional 16ª do TRLRFL 2/2004, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello, por importe de 2.935.071,08 euros, e expediente de crédito extraordinario nº 2016-CREXT-01 para atender as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento a 31/12/2015, para atender os pagos pendentes de aplicar ao orzamento a 31/12/2015 e para financiar investimentos financeiramente sustentables en cumprimento do artigo 32 da LOEP e disp. adicional 16ª do TRLFL 2/2004, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello, por importe de 1.086.374,76 euros.

FESTAS DO APÓSTOLO 2016

22.00 h
NIK WEST+ MAMBO JAMBO
Praza da Quintana. Entrada libre

Compartir: